Plataforma cidadá

OURENSE MELLOR

A cidade que queres!

PLATAFORMA CIDADÁ

OURENSE MELLOR
A cidade para as persoas! A FORZA PARA OURENSE

Un grupo de veciñas e veciños de Ourense, que nos agrupamos arredor dunha Plataforma Cidadá chamada Ourense Mellor: plural, independente, radicalmente democrática e progresista, coa que imos participar nas eleccións municipais.

Xente do común, representativa do conxunto da cidadanía de Ourense, persoas procedentes de distintas áreas sociais e colectivos profesionais, implicadas na vida da cidade a través do activismo.

A NOSA CANDIDATURA

A nosa candidatura

Como Plataforma cidadá, só respondemos ante o pobo de Ourense e na nosa labor política, sempre poremos por diante os intereses das persoas.
Representamos a preocupación por unha cidade a esmorecer, sen atino, sen goberno.
Comprometémonos a sacar á cidade da situación de parálise e abandono na que se atopa e a facer unha xestión municipal baseada no diálogo, no acordo, na eficacia, na transparencia e procurando a participación activa da cidadania.

Etelvino Blanco Rodríguez

Sindicalista. Ex Secretario Comarcal da CIG e cabeza de lista de Ourense Mellor para tratar de devolverlle o Concello á cidadanía de Ourense

Iolanda Pérez Docampo

Mestra, titora pedagóxica nun centro de formación. Crecín no barrio do Vinteún pero levo anos vivindo no barrio da Ponte.

Xosé Manuel Pérez Bouza

Enfermeiro no centro de Saúde da Cuña-Mariñamansa. Exsenador.

Clara Luz Rguez. Montero

Responsable de tenda en Adolfo Domínguez. Barrio do Couto.

Millán Brea Castro

Educador social.
“Fedellando” en Ourense dende fai 37 anos
Aposto pola inclusión social como base do noso proxecto municipal.
Soñando un mundo verde de esquerdas…Educador social.

Eva Gutiérrez Fernández

Auxiliar Técnica Sanitaria
Enfermeira na Residencia do Maior Nosa Señora dos Milagres de Cabeza de Vaca. Veciña da Ponte

Luís Miguel Fernández

Actualmente vive na rúa Papa Xoán XXIII. Estudiou Enxeñaría Técnica Industrial, Metodoloxía Didáctica e Aplicacións Dixitais na Industria da Madeira. Dende fai 20 anos traballa na empresa familiar Café SABORA. Presidente da AA.VV. As Veigas de REZA e fundador da Federación de AA.VV. LIMIAR.

Marisol Pérez Ogando

Licenciada en psicopedagoxía e diplomada en enfermería. Traballa na Xunta de Galicia, vive no barrio do Vinteún desde moi pequena.

Xosé Luís Álvarez Prieto

Graduado en Enfermería pola USC, actualmente traballando como enfermeiro no Sergas de Ourense. Barrio do Couto

Sabela Bóveda Hermida

Chámome Sabela Bóveda Hermida, teño 25 anos e son da zona do Vinteún. Son graduada en Traballo Social e monitora de actividades de tempo libre. Actualmente estudo o Grao de Educación Social no Campus de Ourense.

Pablo Manzano Iglesias

Xubilado. Plataforma en defensa do Xardín do Posío.

PROGRAMA

A cidade que queres: un Ourense Mellor

O programa de Goberno de OURENSE MELLOR, é un documento base aberto, dinámico, en constante evolución, froito da colaboración de colectivos e persoas que a título individual foron facendo as súas achegas, que na actualidade suma máis de 100 medidas e que no futuro poden ser máis.
O importante é que son todas medidas contrastadas, realizables e que pretenden aportar solucións para esta situación de parálise e abandono que sofre a cidade.

DESCARGAR O PROGRAMA
GOBERNO

Un programa de goberno que elaboramos coa firme convicción de ser cumprido

COMPROMETÉMONOS

un contrato coa cidadanía de Ourense, para construír a cidade que todas e todos queremos.

FUTURO

converter Ourense nunha cidade moderna e acolledora, social, económica e culturalmente activa, medioambientalmente sostible e onde cadaquén poida desenvolver o seu proxecto vital.

SOLUCIÓNS

Medidas contrastadas, realizables e que aportan solucións para a situación de parálise e abandono que sofre a cidade.

Novas sobre a Plataforma Cidadá Ourense Mellor

Nesta sección podes consultar as noticias e novidades da nosa plataforma cidadá que tratará de devolver á cidadanía o poder municipal en Ourense

Jácome retíralle a Policía Local ás mulleres vítimas de violencia de xénero na cidade

Hoxe Gonzalo Pérez Jácome, anunciaba que o Concello de Ourense retirarase do protocolo Viogen de atención ás vítimas de violencia de xénero, desvinculación que supón a retirada da Policía Local[…]

Read more

Sumámonos á homenaxe que organiza a CIG ao Etelvino

Cando xa tiñas demostrado todo, cando xa tiñas combatido en todas as loitas posibles e levabas unha vida relativamente tranquila, decidiches dar un paso ao frente e participar cun grupo[…]

Read more

Grazas Etelvino. Grazas por tanto, compañeiro

Non perdemos a un político ou a un sindicalista. Hoxe fóisenos un amigo, un compañeiro, un mestre de vida e un exemplo a seguir. Grazas por crer en nós, por[…]

Read more
MANIFESTO

Manifesto cidadán para recuperar a cidade e conquistar un Ourense Mellor

LER O MANIFESTO
ASINA O MANIFESTO

Apoia a Plataforma Ourense Mellor para recuperar Ourense para a cidadanía

ASINAR
APOIOS

Persoas que apoian o manifesto da Plataforma Cidadá Ourense Mellor

APOIOS

Manifesto por un Ourense mellor

Ourense é a nosa cidade. Un lugar bonito e querido onde nos gusta vivir, sexamos de aquí ou teñamos vido de fóra. O lugar onde queremos ver medrar as nosas nenas e nenos e onde queremos que encontren un futuro para se quedar ao noso lado.
Temos a fortuna de vivir en Ourense. Sábeo ben a xente que nos visita e fica namorada das nosas augas termais, da nosa gastronomía, do noso patrimonio, material e inmaterial.
Unha cidade de xente traballadora e tenaz, que se levanta todas as mañás para dar o mellor de si, facendo que Ourense funcione.
É inxusto que con esta potencia e riqueza da nosa cidade e as súas xentes o resultado da xestión sexa tan nefasto. A listaxe de torpezas é longa de máis: a praza da Ponte está rematada e segue pechada. Os servizos sociais están abandonados. As actuacións máis importante deste goberno foron montar nunha bici estática e colocar unha tirolina nun parque do centro. No último curso escolar, retrasáronse as axudas para as Anpas, poñendo os comedores escolares en perigo.
Este alcalde é un profesional en perder subvencións de millóns de euros. Ourense está suxo, máis do que nunca estivo, as rúas están cheas de baches e baldosas rotas e os parques infantís e xardíns mal atendidos. A actuación estrela deste goberno é unha tirolina nun parque do centro. Un goberno que non foi quen de aprobar un só orzamento, demostrando a súa incapacidade para o diálogo, para antepoñer os intereses da cidade aos do seu partido; que despois de pedir un proxecto soterrado para a entrada do AVE, cando non gobernaban, agora aceptan facer unha estación que non vai ser intermodal, comprometendo o barrio da Ponte e o seu centro de saúde e, a cambio, dedícanse a vender fume co “Ecobarrio”. Un goberno que non foi quen de sacar adiante un PXOM imprescindible para rescatar Ourense da parálise na que se atopa. Un alcalde que permite a cotío atentados ecolóxicos contra os nosos ríos: para mostra a situación do Barbaña.
Temos moitas razóns para crer que Ourense merece outro goberno. En Ourense hai actividade cultural e centos de iniciativas da cidadanía, tanto de carácter individual, como a través de asociacións veciñais, deportivas, sociais… Ti es a razón de que Ourense siga viva. Por iso precisamos un goberno que constrúa unha cidade con emprego, benestar social e igualdade de xénero, que canalice toda a potencia da xente e que poña recursos onde esta non chega. Temos potencia para realizármolo.
Ourense precisa un goberno rigoroso, traballador e con capacidade de diálogo; que teña Ourense como único obxectivo e que non estea ao que lle mandan desde Santiago ou Madrid.
É un obxectivo posíbel se contamos contigo. Ourense precisa de ti, o futuro da cidade depende do que sexamos capaces de facer agora. Temos razóns para crer en Ourense.
Súmate ao proxecto do novo Ourense. O agora é noso.
POR UN OURENSE MELLOR!!!

ASINAR O MANIFESTO
OURENSE MELLOR

Plataforma Cidadá

Xa somos 325 persoas que queremos un Ourense Mellor

Asinar o manifesto

Se queres asinar o manifesto cubre o seguinte formulario:

Documentos

Aquí podes descargar os documentos que se van sendo aprobados nas asembleas da plataforma

CÓDIGO ÉTICO

Os compromisos éticos e políticos das veciñas e cidadás que conformamos a plataforma

DESCARGAR
REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN

Documento sobre como se toman as decisións na asemblea cidadá de base 

DESCARGAR
REGULAMENTO DE PRIMARIAS

Regulamento que rexerá a escolla de candidatas para obter a mellor lista cidadá e devolverlle a cidada ás veciñas

DESCARGAR
CONTEXTO POLÍTICO

Análise sobre a situación de emerxencia que sofre Ourense e que fai preciso actuar e recuperala para a veciñanza

DESCARGAR