Ourense Mellor segue ante o pacto do esperpento de Jácome e o Partido Popular

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

Ourense Mellor segue ante o pacto do esperpento de Jácome e o Partido Popular

 

Ourense Mellor continúa a súa actividade ante o “Pacto do esperpento” de Jácome e o Partido Popular

 

O proxecto da Plataforma Ourense Mellor continua, así foi decidido en Asemblea, pois para todas é un proxecto ilusionante, que naceu co obxectivo de buscar a confluencia das forzas de esquerda de Ourense.

Unha coordinadora provisional encargarase de dirixir o traballo da Plataforma ata o mes de setembro, así como de elaborar unha proposta de organización e traballo, que se remitirá á asemblea para o seu debate e aprobación.

A decisión de continuar ven motivada polo respaldo e os apoios obtidos e pola necesidade na cidade dunha forza municipalista de esquerda sen tutelas, que permaneza activa no día a día nos movementos sociais, culturais e veciñais, que permaneza vixiante coas accións de goberno e que denuncie e lle dea voz ás inxustizas e necesidades da cidadanía de Ourense.

Lamentamos fondamente que fronte á responsabilidade e á necesidade de traballar por un Ourense mellor primasen as ocorrencias e intercambios de sillóns como amosou o pacto do esperpento entre o Partido Popular e Democracia Orensana, que demostraron ser distintas caras da mesma moeda, feito que tamén nos alenta a continuar adiante co proxecto, para desterrar de Ourense estas prácticas políticas trileiras.

Perpetuando a saga Baltar na Deputación, Democracia Orensana aboca á cidade e á provincia a catro anos máis de políticas de recortes, caciquís, de negocios de amiguetes…. que o único que fan é promover o despoboamento do rural, a emigración forzada da mocidade por falla de oportunidades, etc.

Queremos un Ourense Mellor, por iso seguiremos, dende fóra das institucións, traballando para conseguilo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.