Mes: Abril 2019

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

Ourense Mellor reúnese coa Federación de Anpas Públicas de Ourense

Membros da Plataforma Ourense Mellor, mantiveron un encontro co Presidente da FAPA de Ourense, José Antonio Álvarez para coñecer de primeira man a situación, necesidades e deficiencias das escolas públicas da cidade e da comunidade escolar no seu conxunto.   Entre as carencias que foron trasladadas, a FAPA destacou  que durante 2 anos de goberno…
Read more

Etelvino Blanco: “O alcalde o que ten que facer é limpar a cidade e deixarse de ocorrencias”

Esta semana, o goberno da cidade aprobaba a tramitación para rebaixar nun 10% a taxa de recollida de lixo en Ourense, a un mes das eleccións municipais. Desde Ourense Mellor, entendemos que este tipo de ocorrencias a un mes das eleccións non son de recibo, ademais de que non suporían en absoluto un aforro importante…
Read more

A veciñanza do Couto rexeita a destrucción do seu parque

Membros da Plataforma Ourense Mellor como Etelvino Blanco ou Xosé Manuel Pérez Bouza asistiron onte á concentración que tivo lugar na contorna do Parque do Couto para escoitar as demandas das veciñas e veciños sobre o proxecto que o goberno municipal ten para ese espazo público. A veciñanza do Couto reixeita a eliminación das árbores…
Read more

Esiximos unha verdadeira separación de poderes na nosa provincia

Onte coñecíamos que o Fiscal Xefe de Ourense, era suspendido das súas funcións pola Fiscalía Xeral do Estado debido á investigación sobre o piso no que actualmente vive e a Xunta de Galicia pagou durante 12 anos, xunto cos gastos da vivenda. Ademais, Delgado Ayuso, está inmerso noutra investigación tamén pola Fiscalía Xeral do Estado…
Read more

Mantemento, investigación e atención ás demandas dos bombeiros de Ourense para que nunca máis se repita o desastre da Chavasqueira

Esta mañá Etelvino Blanco, xunto con outros membros da Plataforma Ourense Mellor, achegáronse ata a Chavasqueira para interesarse pola situación dun dos principais referentes do termalismo da nosa cidade que foi arrasado polo lume   En primeiro lugar, queremos manifestar o noso pesar pola destrucción dun lugar emblemático do turismo e do termalismo en Ourense.…
Read more

Ourense Mellor apoia as demandas da veciñanza do Couto contra a tala de árbores e en favor do mantemento do Parque do Couto

A Xunta de Galicia e o concello de Ourense, gobernados polo PP, queren convertir a zona de lecer máis importante do barrio, o Parque do Couto, nun skate-park, para o que teñen pensado talar moitas das árbores e eliminar o paseo circular de terra, impendindo así que persoas de todas as idedes e as mascotas…
Read more

Inauguración do local de Ourense Mellor.

Desde a Plataforma Cidadá Ourense Mellor, queremos informar e convidarvos á inauguración do noso local electoral que terá lugar: – Venres día 12 de abril ás 20:30h. O local está situado na Rúa Santo Domingo nº 19 1º andar dereita. Por outra banda, informar tamén que o noso candidato á alcaldía de Ourense, Etelvino Blanco,…
Read more

Ourense Mellor e En Marea sumarán esforzos cara as municipais

Este luns pola mañá tivo lugar o acto de sinatura do protocolo de colaboración entre a Plataforma cidadá Ourense Mellor e a segunda forza política do país, En Marea. O obxectivo deste acordo de colaboración é estreitar lazos, crear espazos de traballo conxunto e compartir ideas e recursos para transformar Ourense. No acto, interviron a…
Read more