A Jácome o futuro das nosas crianzas preocúpalle: NADA

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

A Jácome o futuro das nosas crianzas preocúpalle: NADA

Despois publicitar por todas as súas redes a medida de “agasallar” cun libro a tod@s os menores de 18 anos do Concello de Ourense, o señor Alcalde, que publicaba a súa medida como única (non é certo. Moitas cidades con menos habitantes xa teñen cheque cultural dende hai anos), desvincúlase da situación de desamparado que, días antes de comezar o curso escolar, teñen as crianzas da nosa cidade.

Co lóxico silencio dos seus socios de goberno (Partido Popular), prefire absterse de tomar medidas municpais para facilitar espazos seguros nos centros escolares, que SI son da súa competencia municipal.

Outro exemplo máis das súas prioridades: gobernar a toda costa sen pensar nas súas veciñas

 

Dende Ourense Mellor propoñemos

 

Tras diversas reunións con axentes implicados: ANPAS, profesorado, persoal técnico e persoal de limpeza, así como profesionais da Educación Social e Pedagoxía, e para evitar a cada día máis grande fenda económica e dixital nos fogares ourensáns:

 

  • Solicitude dun aumento nun 40% da plantilla docente (que non sendo competencia do concello si pode presionar á consellería de educación) e reforzo axeitado de persoal non docente (bedeles, educadores, servizo de limpeza… que na maioría dos casos é competencia directa do concello).
  • Redución nun 50 % do alumnado por aula.
  • Readecuación dos espazos escolares. Reubicación de aulas en espazos públicos. Reformas en Ceips, CIFP e IES públicos para adaptar aulas cun máximo de 15 cativ@s.
  • Adquisición de equipos tecnolóxicos (ordenadores, routers e cámaras para os profesores) que permitan as aulas non presenciais e garantan a igualdade de oportunidades.
  • Creación dunha bolsa de axuda familiar para aquelas persoas que non podan acceder a unha conexión de internet.
  • Aulas presenciais por quendas de mañá e tarde. Para elo é preciso implementar axudas a nais/pais/titores para a conciliación da vida familiar e laboral.
  • Asesoramento e acompañamento na elaboración de protocolos que adapten as medidas xerais á realidade de cada centro escolar e de cada barrio.
  • Deseño de rutas de ida e volta ós centros escolares que garantan distancias de seguridade e minimicen ou eviten futuros contaxios. Reforzo nas entradas e saídas dos centros escolares (que deben ser escalonadas por cursos).
  • Aumento do orzamento do concello en actividades extraescolares de mañá e tarde para favorecer a espera en pequenos grupos dos nenos e nenas.

 

Somos conscientes que moitas destas propostas son competencias da Consellería de Educación, en mans do mesmo partido político socio de goberno de Jacome, mais ante a súa inoperancia e o novo desta situación a preocupación por este tema debería ser prioritaria para o Concello, máis interesado en pintar rúas que no futuro e formación dos e das súas cidadáns máis novas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.