A Xunta e o Concello non aportaron nin 1€ para a volta ao cole co Covid

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

A Xunta e o Concello non aportaron nin 1€ para a volta ao cole co Covid

Ourense Mellor mantivo unha reunión coa Federación de ANPAS públicas de Ourense para coñecer de primeira man como se está a desenvolver a volta ao cole.

Hoxe xoves comeza a volta ao cole e a Xunta non ten investido un céntimo da partida asignada ás CCAA para educación, deixando ás crianzas, ás familias e aos centros nunha situación de desprotección e inseguridade.

Desde Ourense Mellor, solicitamos á Xunta de Galicia que exerza as súas competencias e que invista o diñeiro que sexa preciso para unha volta ao cole nas mellores condicións posibles, como si están facendo noutras Comunidades Autómonas: antelación e recursos. Non parece lóxico que se cambia de Conselleira de Educación a 3 días de comezar o curso escolar.

Reclamamos a figura da/o enfermeira/o escolar, porque o persoal docente non é especialista en medicina para diagnosticar, tratar ou tomar decisións con respecto á saúde das nosas fillas e fillos.

Reclamamos a inclusión das Educadoras sociais nos centros Educativos, para traballar a educación en valores e para organizar co equipo docente e directivo, a volta ás aulas dende unha perspectiva didáctica e convertindo ao alumnado en parte activa do proceso

Por outra banda, reclamamos ao Concello de Ourense que ante as carencias en materia de conciliación: acollida, actividades extraescolares sen contacto, etc., por parte da Xunta, que mobilice unha partida orzamentaria para suplir a incompetencia da Administración Autonómica e darlle de maneira inmediata unha solución aos centos de familias que están nunha situación de incertidume total.

Esiximos ao concello de Ourense que actúe de maneira inmediata porque nestes momentos, este problema é o máis urxente e é necesaria unha solución.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.