As axudas… Onde están Alcalde?

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

As axudas… Onde están Alcalde?

Dende Ourense Mellor, sumámonos ao texido empresarial da cidade de Ourense para reivindicar dunha vez por todas a publicación das bases de axudas que o Alcalde “vendeu” dende o mes de Abril. A comezos de Setembro:

 

  • Descoñecemos a cuantía total.
  • Descoñecemos se o acceso pode ser para autónom@s ou tamén para Pymes (que tamén estiveron sen facturación durante os meses do confinamento e que entendemos tamén deberían ter posibilidade de solicitar).
  • Descoñecemos cales serán os requisitos.
  • Descoñecemos se as empresas que tiveron que pechar poderán acceder

 

Por outro lado, recordamos que a Deputación de Ourense xa convocou estas axudas, as cales tiveron acceso practicamente todos os concellos da provincia, salvo o noso, debido á poboación e censo. Polo tanto, estamos ante unha clara desigualdade xenerada pola incompetencia do grupo de Goberno, e a falta de coordinación co organismo provincial.

 

Un despropósito que leva a centos de familias a comezar un curso escolar con situacións extremas, tanto pola compra de material escolar, como tecnolóxico. Ao agardar unhas axudas que non chegan, cos novas restricións e falta de ingresos, dende Ourense Mellor esiximos que o Goberno local comece a traballar e pensar nas persoas, e non nos seus ingresos coma pàrtido, que non deixaron de percibir en ningún dos meses de corentena.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.