Novas

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

Jácome retíralle a Policía Local ás mulleres vítimas de violencia de xénero na cidade

Hoxe Gonzalo Pérez Jácome, anunciaba que o Concello de Ourense retirarase do protocolo Viogen de atención ás vítimas de violencia de xénero, desvinculación que supón a retirada da Policía Local deste sistema de prevención e protección das mulleres vítimas de violencia de xénero. O propio alcalde facía referencia á “falta de recursos suficientes” por parte…
Read more

Sumámonos á homenaxe que organiza a CIG ao Etelvino

Cando xa tiñas demostrado todo, cando xa tiñas combatido en todas as loitas posibles e levabas unha vida relativamente tranquila, decidiches dar un paso ao frente e participar cun grupo de ilusas nunha aventura  nova para cambiar o Ourense que tanto que querías e polo que tanto loitaches no eido social. Afortunadas nós por esa…
Read more

Grazas Etelvino. Grazas por tanto, compañeiro

Non perdemos a un político ou a un sindicalista. Hoxe fóisenos un amigo, un compañeiro, un mestre de vida e un exemplo a seguir. Grazas por crer en nós, por agasallarnos cos teus últimos folgos. O teu sorriso e a túa mirada tenra eran suficiente arroupo para rachar co medo escénico nos primeiros mítins, nos…
Read more

Ourense Mellor segue ante o pacto do esperpento de Jácome e o Partido Popular

  Ourense Mellor continúa a súa actividade ante o “Pacto do esperpento” de Jácome e o Partido Popular   O proxecto da Plataforma Ourense Mellor continua, así foi decidido en Asemblea, pois para todas é un proxecto ilusionante, que naceu co obxectivo de buscar a confluencia das forzas de esquerda de Ourense. Unha coordinadora provisional…
Read more

Ourense Mellor porá en marcha a “casa do videoxogo” nun edificio rehabilitado do Casco Vello

A plataforma cidadá creará a “casa do videoxogo”, unha infraestrutura “pioneira en todo o Estado español” para o fomento e facilitación do encontro e socialización da mocidade a través dos videoxogos. A plataforma cidadá Ourense Mellor, encabezada polo exsindicalista Etelvino Blanco, presentou unha das súas principais propostas programáticas no eido da mocidade. A “Casa do…
Read more

Ourense Mellor comprométese a recuperar e dignificar a Banda Municipal de Música de Ourense

A plataforma cidadá reuniuse con membros da directiva da Banda de Música, á que consideran “vilipendiada polo goberno anticultura de Jesús Vázquez”. A plataforma cidadá Ourense Mellor, encabezada polo exsindicalista Etelvino Blanco, recibiu na súa sede da rúa Santo Domingo a membros da directiva da Banda Municipal de Música de Ourense, unha agrupación con 130…
Read more

Ourense Mellor propón ampliar o complexo deportivo de Oira e remunicipalizar as piscinas privadas

A plataforma cidadá explicou esta mañá, ante os medios de comunicación, o seu proxecto para Oira. A plataforma cidadá Ourense Mellor, encabezada polo exsindicalista Etelvino Blanco, estivo explicou esta mañá ante os medios de comunicación a súa proposta programática para ampliar e reconverter o complexo deportivo de Oira nun espazo máis grande que integre outros…
Read more

Ourense Mellor comprométese en Seixalbo a reestruturar as liñas de transporte público e crear unha concellería de medio rural

A plataforma cidadá recuperou a súa axenda de campaña tras dous días de suspensión por mor do falecemento de Alexandre Sánchez Vidal. A plataforma cidadá Ourense Mellor, encabezada polo exsindicalista Etelvino Blanco, estivo na tarde de onte coa veciñanza de Seixalbo no local da súa asociación de veciños. Nun mitin cunha importante acollida por parte…
Read more

Ourense Mellor fará do mercado de abastos da Ponte un referente do produto galego de calidade

A plataforma cidadá presentou esta mañá, na porta do mercado de abastos da Ponte, a súa proposta de uso para a instalación. O candidato de Ourense Mellor, Xosé Manuel Pérez Bouza, compareceu ante os medios esta mañá no mercado de abastos da Ponte para denunciar a situación da instalación, “que leva pechada dende o ano…
Read more

Ourense Mellor propón un “cheque cultural” para que a mocidade poida consumir cultura con liberdade

O candidato de Ourense Mellor, Millán Brea, compareceu ante os medios esta mañá no Espazo Lusquiños da Ponte para denunciar a falta de interese do Concello de Ourense pola mocidade e presentar tres das grandes propostas programáticas da plataforma cidadá nesta materia. Acompañado por outros membros da candidatura, Brea describiu a mocidade ourensá como “unha…
Read more