Candidatura única para o proceso de primarias de Ourense Mellor

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

Candidatura única para o proceso de primarias de Ourense Mellor

Ás 12h do día de hoxe pechouse o prazo de recepción de candidaturas para aspirar a representar á Plantaforma Ourense Mellor nas eleccións municipais de maio. Segundo o regulamento e o calendario aprobados, procede a proclamación das candidaturas recibidas.

Presentouse unha soa candidatura, encabezada por Etelvino Blanco Vázquez, ao que acompañarán como nº 2 Iolanda Pérez Docampo e no nº 3, Xosé Manuel Pérez Bouza. Dentro desde primeiro tramo proposto atópase unha suma de persoas referentes en diversos ámbitos da sociedade ourensá. O seguinte tramo da lista, escollerase nas vindeiras semanas.

A presentación dunha única candidatura manifesta a unidade de acción da Plataforma, o acordo nos obxectivos da súa creación e un respaldo sen fisuras ás persoas que conforman a lista.
Desde o día 28 ao 30 deste mes terá lugar campaña interna.

As votacións serán o sábado 30 de 18h-20h e o domingo 31 de marzo das 11h-13h no Hotel Princess da cidade. Para poder participar só cumpre asinar o manifesto da plataforma http://ourensemellor.gal/asinar-o-manifesto/, que será posible facer ata a propia xornada de votación. Posteriormente, membros da candidatura ofrecerán declaracións sobre o transcurso das votacións.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.