Esiximos unha verdadeira separación de poderes na nosa provincia

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

Esiximos unha verdadeira separación de poderes na nosa provincia

Onte coñecíamos que o Fiscal Xefe de Ourense, era suspendido das súas funcións pola Fiscalía Xeral do Estado debido á investigación sobre o piso no que actualmente vive e a Xunta de Galicia pagou durante 12 anos, xunto cos gastos da vivenda.

Ademais, Delgado Ayuso, está inmerso noutra investigación tamén pola Fiscalía Xeral do Estado na que ten que aclarar se cometeu abuso de autoridade, retraso inxustificado na súa labor, e non absterse de investigar cando había unha enemizade manifesta coa acusión. Este caso é o famoso 10% que o alcalde do Partido Popular Manuel Cabezas deixou de esixir a todos os promotores urbanísticos, como é obriga por lei, durante o seu mandato.

Ante esta situación, desde Ourense Mellor consideramos que precisamos e merecemos xuices e fiscais profesionais e unha verdadeira separación de poderes. A situación de Florentino Delgado, era un clamor popular na nosa cidade e causa estupor coñecer como presuntamente o poder político da provincia controlaba a un fiscal que debía velar polo interese público e non polos intereses de partidos políticos. O dano que se fai á credibilidade na xustiza e no sistema é maiúsculo.

Neste sentido, recollemos a solicitude de En Marea de crear unha Fiscalía Anticorrupción para Galicia, xa que se ven demostrando que hai casos suficientes no noso país como para a creación deste órgano.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.