Esta fin de semana celébranse as primarias de Ourense Mellor

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

Esta fin de semana celébranse as primarias de Ourense Mellor

Queremos lembrar a todas as persoas que asináchedes o manifesto de Ourense Mellor, que esta fin de semana terán lugar as votacións dentro do proceso de primarias para escoller o primeiro tramo da candidatura para as Eleccións Municipais.

O comité electoral recibiu unha soa candidatura encabezada por Etelvino Blanco Rodríguez.

As votacións terán lugar no Hotel Princess (Av. Habana 45) no seguinte horario:

  • Sábado 30: 18:00 a 20:00
  • Domingo 31: 11:00 a 13:00

Lembrade levar un documento que acredite a vosa identidade.

A posibilidade de asinar o manifesto e poder participar na votación estará aberta durante as xornadas de votación e podes facelo na picando nesta ligazón.

Agardamos contar coa vosa presenza!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.