Grazas Etelvino. Grazas por tanto, compañeiro

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

Grazas Etelvino. Grazas por tanto, compañeiro

Non perdemos a un político ou a un sindicalista. Hoxe fóisenos un amigo, un compañeiro, un mestre de vida e un exemplo a seguir.
Grazas por crer en nós, por agasallarnos cos teus últimos folgos. O teu sorriso e a túa mirada tenra eran suficiente arroupo para rachar co medo escénico nos primeiros mítins, nos que nos temblaban as pernas.
Sentímonos moi afortunadas polo aprendido ao teu carón na loita colectiva, por camiñar contigo ata o final, polo convencemento de que a nosa é, grazas a ti, unha sociedade un pouquiño mellor. O teu exemplo será luz que seguirá guiando o camiñar de todas.
Queremos que saibas que non nos resignamos, que os teus esforzos non van caer en saco roto, que imos seguir loitando para conseguir o teu soño, para ver a nosa cidade convertida nun Ourense Mellor.
Hoxe queremos achegar os nosos azos á súa familia e amizades e acompañalos na despedida dun bo e xeneroso, dun eterno.
Grazas, Etelvino. Que a terra che sexa leve, compañeiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.