Más que nunca é necesaria a unidade por un Ourense mellor

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

Más que nunca é necesaria a unidade por un Ourense mellor

Ante a crise do goberno do PP na nosa cidade, a Plataforma Ourense Mellor pide xenerosidade ás organizacións progresistas que queren un Ourense mellor, para confluir unnha candidatura unitaria nas Eleccións Municipais.

No día de hoxe o concelleiro con máis peso político no goberno da cidade, José Araújo do PP, presentou a súa dimisión antes as diferenzas de xestión e parálise do alcalde e os seus propios compañeiros de goberno. Ante esta situación, desde a Plataforma Ourense mellor queremos sinalar:

  • Que o Partido Popular é incapaz de gobernar a cidade, é un (des)goberno que se ten demostrado falto de iniciativas, sen capacidade para o diálogo, inepto e dividido, o que provoca a paralización de Ourense.
  • Agora máis que nunca é o momento do cambio. É imprescindible unha reflexión profunda das organizacións progresistas da cidade e deixar de buscar o interese partidista, para procurar o interese da cidadanía e o mellor para a sociedade ourensá.
  • Precisamos urxentemente unha candidatura unitaria e un programa que aglutine á esquerda para gañar o concello de Ourense e devolverllo á cidadanía. Se non se aproveita esta situación inédita de fragmentación e división da dereita, estarase contribuindo a que Ourense siga por anos nesta longa noite de pedra.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.