O Concello de Ourense á deriva

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

O Concello de Ourense á deriva

Dende Ourense Mellor, queremos mostrar o noso desencanto e vergoña coa política local, en especial co Goberno da nosa cidade.

 

Neste intre, a loita de poder no seo de Democracia Ourensana é evidente e deixa no aire posibles decisións tan relevantes coma o PXOM, a Estación Intermodal ou o Centro de Intelixencia Artificial (inexistente).

 

Quen está detrás dos movementos de dimisión de Jácome?

Os concelleiros que piden a súa dimisión… Por que non entregan a súa acta?

Que vai acontecer coa Deputación?

 

Ante os posibles escenarios e movementos, como una posible moción de censura, esiximos coñecer que opcións propoñen os partidos políticos da Corporación Local xa que neste intre, son os únicos que poden dar solución á inoperancia do goberno de Ourense.

 

As veciñas non permitiremos que se rían duns resultados eleitorais, que poden botar por terra 4 anos de xestión, nun momento de crise social tan grave como o actual.

 

Mentres centos de familias sofren para chegar a final de mes, sen saber aínda que vai pasar coas súas crianzas, os e as concelleiras están soamente preocupados polo seu posto de mando. Lamentable.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.