O primeiro que fará Etelvino Blanco e Ourense Mellor será anular o PXOM do Partido Popular

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

O primeiro que fará Etelvino Blanco e Ourense Mellor será anular o PXOM do Partido Popular

O Alcalde fai un alarde de autoritarismo, comportándose como un auténtico ditador, ao aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), tres semanas antes de que a veciñanza ourensá o expulse da Alcaldía.

Esiximos que lle explique aos ourensáns e ás ourensás que intereses espurios se esconden detrás dun PXOM aprobado con nocturnidade e aleivosía.

O primeiro que fará o Alcalde, Etelvino Blanco, e o Grupo de Goberno de OURENSE MELLOR, se a veciñanza lle dá a súa confianza o 26 de maio, será tumbar este acordo, tan despectivo e prexudicial para Ourense.

En Ourense, todos sabíamos da deixanza, do abandono, do desprezo, da prepotencia, do truán que é e da falta de proxecto de cidade deste alcalde que padecemos, Xesús Vázquez. Tamén sabíamos que, esas actitudes, eran compartidas por tod@s @s membros do grupo de Goberno Municipal.
Mais o que acabamos de descubrir é o seu carácter puramente ditatorial, aprobando provisionalmente o PXOM, nunha Xunta de Goberno, celebrada o pasado día 2 deste mes, ás 8:30 horas da mañá, con nocturnidade e aleivosía, coa conivencia dunha ducia de “mandad@s” do Partido Popular, dispostos a facerlle seguidismo a un alcalde que, sistematicamente, lle dá as costas á inmensa maioría dos 105 mil e pico veciñ@s que merecen algo de respecto polas autoridades municipais.

O Alcalde e o Grupo de Goberno deberán explicarlle á cidadanía as razóns espurias e os intereses que se esconden detrás dunha decisión clandestina, usurparlle ao Pleno unha das súas competencias fundamentais. E todo isto, uns días despois de perder, con absoluta contundencia, as eleccións xerais
celebradas o pasado día 28 de abril, e tres semanas antes de que os veciños e veciñas da terceira cidade de Galicia os expulsen da Casa Consistorial de Ourense.

O primeiro que fará o Alcalde, Etelvino Blanco, e o Grupo de Goberno de OURENSE MELLOR, se a veciñanza lle dá a súa confianza o 26 de maio, será anular este acordo, tan despectivo e prexudicial para Ourense.

En segundo lugar abriremos unha investigación para darlle conta á cidadanía dos intereses e razóns que detrás de semellante decisión esconden o presidente do PP, Baltar, o Alcalde, Xesús Vázquez e o seu grupo de Goberno.

En terceiro lugar, recolleremos as opinións dos colectivos afectados, someteremos o Plan Xeral a unha novo exposición pública e someterémolo a aprobación do Pleno antes de fin de ano.

Instamos a Xunta de Galicia a que paralice o seu informe ata que se produzan estes acordos dun Pleno que represente realmente os intereses da veciñanza e garanta a seguranza xurídica dun trámite, adoptado por uns ousados, que pode traer graves consecuencias para @s cidadáns, con
graves consecuencias, mesmo para as arcas municipais, cuxos custos poden colapsar a atención dos servizos básicos municipais.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.