Ourense, cidade ao borde do colapso

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

Ourense, cidade ao borde do colapso

Dende a Plataforma Ourense Mellor, queremos transmitir o noso malestar e pesar ante a xestión que durante o ano e medio está a desenvolver tanto Democracia Ourensana como o Partido Popular. Un ano e medio de promesas incumpridas, ideas peregrinas, e enfrontamento social e político que levaron á situación na que nos atopamos neste intre: Plenos con ausencia da oposición, e posible motín dende o partido de Jácome.

Facendo balance, por suposto negativo, revisamos os numerosos incumprimentos de programa de Democracia Ourensana, e destacamos, por exemplo:

 

  • “Dispondremos de los contenedores soterrados en 90 días”
  • “Gestión diligente y eficiente, Despilfarro Cero, Corrupción Cero, menos burocracia, licencias express, respuestas inmediatas a la ciudadanía, transparencia máxima a través de la web municipal (todos podrán ver todo), captación de propuestas a través de un “brainstorming global” (porque las 100.000 personas de Ourense piensan más que sus 27 concejales).”
  • “Peatonalización. Supresión de barreras arquitectónicas y visuales (…)” 

 

Falamos de incompetencia ou falamos de engano? 

 

Si. A cidadanía foi totalmente enganada

A realidade é que o Alcalde fai Goberno dende as súas contas oficiais, non na rúa. Non hai proposta de cidade. Un día amanece cunha idea, que días despois é desbotada polo seu grupo e polo PP. Non hai transparencia dende a páxina web. Temos asesores dos cales descoñecemos formación, obxectivos, propostas…

Onde están os cartos prometidos ás empresas locais? E o Centro de Intelixencia Artificial? Que vai pasar coas Torres “COPASA”? E coa Intermodal? E o PXOM?

 

Ademais, son incontables xa os diseños (como piscinas, rúas peonís, carrís bici,  etc) que non serán executadas. Está empeñado en edificios “monstruosos”, pero non en priorizar a nosa cidade como é: unha cidade amiga e na que temos que comezar a pensar nas persoas maiores e, por suposto, nas nosas crianzas. 

Ourense Mellor, de plataforma a Partido Político

Dende a nosa Plataforma, que xa se presentou ás eleccións de 2019, tomamos a decisións de converternos en Partido Político, solicitando a nosa inscrición oficial no rexistro do Ministerio. “Chegamos para quedarnos”, dispostas a facer de Ourense unha cidade con futuro:

  • Cidade Educadora. Implantación de convivencia para peóns e transporte sustentable. Pleno d@s cativ@s. A nosa cidade debe ter en conta a opinión nas crianzas e persoas maiores
  • A cárcere, un espazo de TODAS. Creación da Casa do Videoxogo. Habilitación de infraestrutura para Asociacións sen ánimo de lucro que traballan con persoas con diversidade funcional. Espazos de ensaio.
  • Creación dunha Empresa Municipal de Urbanismo e Vivenda adicada á obtención e xestión de chan para dotacións e infraestruturas públicas,  á promoción da vivenda pública nos seus diferentes réximes, priorizando a rehabilitación, a reposición e o alugueiro.
  • Remunicipalización de todas aquelas concesións de servizos municipais que xa teñan as súas concesións caducadas ou que finalicen durante o próximo mandato e sexa económica ou socialmente máis rendible a súa xestión pública. 
  • Impulso ao desenvolvemento das ARI´s (Área de Rehabilitación Integral) 
  • Revitalización empresarial. Plan de emprego e participación activa de Pymes e autónom@s, con espazos e alugueiros dignos

A situación provincial

“Recuerde que cada voto a una candidatura del PP es un voto a Baltar en la Diputación. Votar a DO es romper esa mayoría absoluta”.

Esta foi a presentación de Jácome. Tralo acontecido en Laza, Viana do Bolo, Castrelo e agora San Xoán de Río, regresamos a unha provincia onde as redes caciquiles comezan de novo a ter moita forza. E el, goberna co e para o PP.

Precisamos un partido que represente á cidadanía libre, que traballa para as súas veciñas, e que esixe (e non se vende) á Deputación de Ourense. A día de hoxe, non existe na nosa provincia.

Por tanto, dende a Xestora comezamos a tecer unha rede de colaboración con todas aquelas veciñas que queiran participar e construír un Ourense provincial solidario, sen ataduras e con futuro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.