Ourense Mellor apoia as demandas da veciñanza do Couto contra a tala de árbores e en favor do mantemento do Parque do Couto

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

Ourense Mellor apoia as demandas da veciñanza do Couto contra a tala de árbores e en favor do mantemento do Parque do Couto

A Xunta de Galicia e o concello de Ourense, gobernados polo PP, queren convertir a zona de lecer máis importante do barrio, o Parque do Couto, nun skate-park, para o que teñen pensado talar moitas das árbores e eliminar o paseo circular de terra, impendindo así que persoas de todas as idedes e as mascotas que convivían en perfecta armonía, poidan desfrutar dese espazo público.

Para o barrio do Couto, o seu parque é o centro de día dos seus maiores e un lugar cun valor botánico singular polas especies que coexisten e que merece unha especial atención e protección. Coa execución da segunda fase deste proxecto do Concello veríase gravemente afectado.

Varios membros da Plataforma cidadá Ourense Mellor, entre eles Etelvino Blanco, asistiron aos actos de protesta que convocou a veciñanza do Couto e interesáronse polas súas reivindicacións. Neste sentido, Ourense Mellor asistirá tamén á próxima concentración que terá lugar o 25 de abril ás 20h, para esixirlle ao concello e á Xunta que escoite á cidadanía e que non eliminen nin um m2 de zona verde da cidade que xá é moi reducida, sendo Ourense unha das cidades do Estado con menos parques e xardíns o que aumenta os indicadores de peor calidade de vida na nosa cidade.

Merecemos un Ourense Mellor

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.