Ourense Mellor comprométese a recuperar e dignificar a Banda Municipal de Música de Ourense

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

Ourense Mellor comprométese a recuperar e dignificar a Banda Municipal de Música de Ourense

A plataforma cidadá reuniuse con membros da directiva da Banda de Música, á que consideran “vilipendiada polo goberno anticultura de Jesús Vázquez”.

A plataforma cidadá Ourense Mellor, encabezada polo exsindicalista Etelvino Blanco, recibiu na súa sede da rúa Santo Domingo a membros da directiva da Banda Municipal de Música de Ourense, unha agrupación con 130 anos de historia vecellada á cidade de Ourense e que, segundo denuncian, son “ninguneados e maltratados polo actual goberno municipal”.

O candidato da plataforma cidadá, Xosé Manuel Pérez Bouza, manifestou o compromiso da candidatura de recuperar o vencellamento da banda co concello se Ourense Mellor chega a formar parte do vindeiro goberno local. Así mesmo comprometéronse a recuperar a súa prolífica actividade, dignificándoa e establecendo “un novo convenio co consistorio para o impulso desta importante e histórica agrupación musical que ten sido bandeira da cidade anos atrás”.

Unha agrupación con 130 anos de historia vecellada á cidade de Ourense e que, segundo denuncian, son “ninguneados e maltratados polo actual goberno municipal”.

A banda municipal pasou de participar en ata unha media de 74 actos ao ano, a estar practicamente desaparecida. Dende a plataforma cidadá, ademáis, entenden que é un excelente escaparate de saída para os centos de músicos ourensáns que rematan os seus estudos profesionais de música no Conservatorio da cidade e que queren profesionalizarse nesta arte. “É, xa que logo, unha obriga moral e de responsabilidade cos nosos músicos, dignificar o papel histórico da banda e darlle un novo pulo que recupere o seu esplendor e a convirta en referencia galega e estatal”, concluiu Pérez.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.