Ourense Mellor denuncia un novo caso de incompetencia do goberno local que reducirá á metade as festas de Ourense

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

Ourense Mellor denuncia un novo caso de incompetencia do goberno local que reducirá á metade as festas de Ourense

Ourense Mellor esixiu esta mañá o cese inmediato da concelleira de Cultura e instou a Jesús Vázquez a “dar a cara e a explicarlle aos cidadáns de Ourense por que van ter unhas festas de segunda por por mor da súa propia incompetencia”.

O número tres de Ourense Mellor, Xosé Manuel Pérez Bouza, compareceu esta mañá ante os medios, para denunciar  a “descoordinación do goberno local que vai deixar á cidadanía de Ourense cunhas festas reducidas á menos da metade”. Sinalaron que, con este caso “queda de manifesto, unha vez maís, a incompetencia, a nula capacidade de xestión e a desidia do goberno municipal con Jesús Vázquez á cabeza”.

“Isto demostra, unha vez máis, que temos un goberno que non goberna e que é imprescindible que o vindeiro vinteseis de maio haxa un cambio político que poña a andar a esta cidade”, afirma Pérez Bouza.

A “descoordinación” denunciada afecta á programación das festas grandes de Ourense, que “van quedar convertidas nunha festa de segunda xa que moitas actividades como a instalación das barracas, o mercado medieval, o Ourense Street Food e o Enofestival Ourense, entre outros non se van poder realizar”. A razón fundamental desta situación, para Ourense Mellor, é que non se fixeron en tempo e forma os trámites administrativos por parte do goberno municipal, para poder contratalas. “Isto demostra, unha vez máis, que temos un goberno que non goberna e que é imprescindible que o vindeiro vinteseis de maio haxa un cambio político que poña a andar a esta cidade”, afirma Pérez Bouza, engadindo que “este goberno non só nos vai deixar unha cidade abandonada e sucia, senon tamén unha cidade triste cunhas festas de segunda”.

Denuncian a complicidade do alcalde cun espectáculo machista

O candidato da plataforma cidadá aproveitou, así mesmo, para pedirlle ao alcalde “que deixe de andar facendo política nos palcos das festas dos barrios e das parroquias de Ourense, ademáis sendo cómplice de espectáculos machistas onde se denigra ás mulleres e que se poña a gobernar as dúas semanas que lle quedan ata as eleccións municipais”. Tamén lle esixiron a Jesús Vázquez “que saia de inmediato a dar a cara e a explicarlle aos cidadáns de Ourense por que van ter unhas festas de segunda por unha falta de xestión do goberno e que cese de inmediato á concelleira responsable de cultura”. Para Ourense Mellor, xa son “demasiadas” as actividades culturais que “se levan cargado nos últimos catro anos, como o outono fotográfico, o certame de banda deseñada, a banda de música municipal, case o Ourense Film Festival… e agora, como colofón, practicamente se cargan as festas de Ourense”.

Ourense Mellor esíxelle ao alcalde “que deixe de andar facendo política nos palcos das festas dos barrios e das parroquias de Ourense, ademáis sendo cómplice de espectáculos machistas onde se denigra ás mulleres e que se poña a gobernar as dúas semanas que lle quedan ata as eleccións municipais”

Fronte a iso, Ourense Mellor comprométese en apoiar as festas tradicionais, converténdoas “nun motor de xeración de emprego e de dinamismo económico”. Comprométense, así mesmo, “a estar ao lado das comisións de festas dos barrios para lle axudar na organización desas festas e a estar á beira de todos os creadores e promotores culturais da cidade”. “Precisamos volver ser a Atenas de Galicia e hoxe calquera comisión de festas de barrio é capaz de realizar unhas mellores festas que as que organiza o propio Concello de Ourense”, concluíu Pérez.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.