Ourense Mellor esixe medidas urxentes contra o ruído das obras nocturnas do AVE

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

Ourense Mellor esixe medidas urxentes contra o ruído das obras nocturnas do AVE

Tralo comezo das obras para a entrada do AVE na cidade, a veciñanza das rúas Noriega Varela, Camiño Caneiro e Barros Sibelo, ten que aturar importantes vibracións e ruídos de maquinaria e compresores de xeito initerrumpido durante o día e a noite. Así mesmo, a veciñanza da Ponte que reside na rúa Eulogio Gómez Franqueira tamén ten que aturar un nivel de contaminación acústica moi superior ao permitido legalmente. Moita desa veciñanza afirma ter que soportar un ruído insoportable ás dúas da mañá “mesmo pechando todas as xanelas e persianas”. A candidata da plataforma cidadá e veciña da Ponte, Iolanda Pérez, afirma que “entendemos que as obras sempre causan unha molestia, pero hai xente máis vulnerable como crianzas e doentes que non van poder descansar en máis dun ano”.

“Dende Ourense Mellor queremos denunciar publicamente a irresponsabilidade e ADIF e falta de medidas de control contra a contaminación acústica xerada por estas obras”, afirman. Así mesmo, entenden que é deber do Concello de Ourense garantir que se ten licenza nocturna para a realización destas obras e poñer as medidas necesarias para que o elevado grao de contaminación acústica e mesmo temblores xerados polas mesmas estean dentro do marco da legalidade. “Esiximos ao Concello de Ourense e a ADIF que tomen de xeito inmediato as medidas necesarias para protexer os dereitos da veciñanza”, sinala o candidato á alcaldía, Etelvino Blanco.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.