Ourense Mellor inicia o seu proceso de primarias

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

Ourense Mellor inicia o seu proceso de primarias

O xoves 21 de marzo tivo lugar unha asamblea da Plataforma Ourense Mellor na que se aprobou por unanimidade o regulamento interno de funcionamento, o código ético, o documento de análise do contexto actual do nosa cidade e o regulamento de primarias co seu calendario para recuperar o concello de Ourense para a veciñanza.

Segundo o código ético aprobado no día de onte, son principios básicos da plataforma: a igualdade, fraternidade e horizontalidade, a democracia participativa, a primacía dos dereitos colectivos fronte aos individuais e a laicidade. Quedan expresamente prohibidas as portas xiratorias e queda limitada a permanencia en cargos públicos para evitar a profesionalización da política.

Por outra banda, e segundo o regulamento de primarias,  hoxe venres día 22 ábrese o prazo de presentación de candidaturas que finalizará o 27 de marzo, día en que se proclamarán as candidaturas recibas. Desde o 28 de marzo ao 30 terá lugar a campaña electoral interna e as votacións para decidir que persoas representán á Plataforma nas eleccións municipais terán lugar o sábado e domingo 30 e 31 de marzo respectivamente.

Segundo o regulamento aprobado onte, escollerase directamente a un primeiro tramo de 14 persoas, número de avais necesarios para poder presentar a candidatura.  Coa premisa de fomentar a participación, poderá candidatarse calquera persoa que teña asinado o Manifesto da Plataforma e cumpra os requitos sinalados no regulamento. Para máis información,  este é o enlace ao documento que regulara o proceso de primarias: http://ourensemellor.gal/wp-content/uploads/2019/03/regulamento-de-primarias-aprobado.pdf

Convidamos á cidadanía ourensá preocupada coa situación actual do concello e coa ameaza dun goberno das dereitas máis retrógradas e populistas, que participe para evitar

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.