Ourense Mellor presionará á Xunta para que non leve á Coruña o mestrado da Escola de Enxeñaría Aeroespacial de Ourense

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

Ourense Mellor presionará á Xunta para que non leve á Coruña o mestrado da Escola de Enxeñaría Aeroespacial de Ourense

Xosé Manuel Pérez e Etelvino Blanco, de Ourense Mellor; reunidos con Higinio González, subdirector da Escola de Enxeñaría Aeroespacial de Ourense

A Escola de Enxeñaría Aeroespacial do Campus de Ourense ve en perigo o seu máster pola petición da Universidade da Coruña de convertelo en interuniversitario instalándoo na súa Escola de Caminos. Etelvino Blanco –candidato á alcaldía por Ourense Mellor– e Xosé Manuel Pérez Bouza –número tres da candidatura– reuníronse no día de onte co subdirector da Escola, Higinio González Jorge, para informarse da situación actual e para lles trasladar o compromiso da formación de presionar á Xunta de Galicia para que “non aprobe esta petición absurda e sen base que pretende a UDC por significar un trato discriminatorio co Campus de Ourense e con toda a nosa cidade”.

Etelvino Blanco: “non podemos deixar que boa parte destes alumnos marchen para A Coruña, porque ademáis supón unha importante fonte de ingresos para o sector servizos na cidade”.

A Escola de Enxeñaría Aeroespacial leva tres anos impartindo en Ourense o seu título de grao con notable éxito de demanda. O vindeiro curso académico celebrará a graduación da súa primeira promoción, así como a implantación do máster para que este alumnado poida quedar e especializarse na cidade. Actualmente, a Escola conta con 150 alumnas e alumnos, dos cales preto do 90% son de fóra da provincia de Ourense. Segundo afirmou Etelvino Blanco, “non podemos deixar que boa parte destes alumnos marchen para A Coruña, porque ademáis supón unha importante fonte de ingresos para o sector servizos na cidade”. Dende a Escola, sinalan que “non se pode permitir que se dupiquen titulacións no sistema universitario galego” e menos discriminando de novo ao Campus de Ourense, “que é necesario que deixe de ser periférico”.

Ourense Mellor esixe ao alcalde de Ourense e ao presidente da Deputación que presionen de inmediato á Xunta de Galicia para que non aproben a petición da Universidade da Coruña. “A decisión pode producirse nun prazo de apenas dous meses, polo que se continúan co inmovilismo, será o primeiro que fagamos ao chegar ao goberno municipal”, sinalou Pérez Bouza.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.