Ourense Mellor propón a municipalización dos servizos sociais básicos como a axuda a domicilio

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

Ourense Mellor propón a municipalización dos servizos sociais básicos como a axuda a domicilio

As técnicas de axuda a domicilio do concello de Ourense levan desde 2001 acumulando contratos precarios, pasando de concesión en concesión (Eulen, Troncoso, Valoriza…)

 

Os representantes de Ourense Mellor, Etelvino Blanco e Sandra Dacal,  escoitaron ao colectivo e ambas partes destacaron que a municipalización do servizo sería a solución óptima para rematar coa precariedade laboral e a mala xestión.

Non se están a cumprir as follas de servicio pactadas e os plans de intervención individualizados, polo que as técnicos de atención a persoas dependentes no canto de empregar as súas horas de traballo en atender aos usuarios adícanse a tarefas de limpeza no fogar (chegando incluso a ter que planchar a roupa dos demais membros da unidade familiar, ou limpar os cristais da vivenda), polo que o servizo non se está a empregar adecuadamente, porque o que o concello está pagando limpiadoras do fogar en lugar de técnicos en atención a persoas dependentes que é o seu traballo real.

As traballadoras que esixen que lles sexan abonados os pluses por domingos e festivos son coaccionadas a calar porque si non lles baixan as horas de contrato. Polo que non se está a cumprir o convenio colectivo. Situación ante a cal o goberno do Partido Popular se lava as mans delegando responsabilidades na empresa concesionaria sen aplicarlles ningún tipo de sanción.

Desde Ourense Mellor entendemos que este servizo, así como todo o que atinxe a servizos sociais, debe ser inmediatamente devolto ás mans públicas, e non xestionado por empresas que se preocupan máis das cifras económicas que das persoas que están en situacións de risco de exclusión social ou que precisan de especial protección como son as persoas con dependencia.

Se Ourense Mellor goberna, comprométese, previo estudo de viabilidade, a remunicipalizar o servizo para que prime a atención ás persoas e non o lucro da empresa privada porque coa vida dos nosos maiores e as persoas coidadoras non se pode xogar.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.