Ourense Mellor propón unha tarxeta electrónica que centralice transporte público e todos os servizos municipais

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

Ourense Mellor propón unha tarxeta electrónica que centralice transporte público e todos os servizos municipais

A plataforma cidadá Ourense Mellor presentou esta fin de semana na Alameda, unha das súas propostas programáticas estrela para estas eleccións municipais. A formación cidadanista propón reconverter a actual tarxeta Milenio nunha tarxeta electrónica que aglutine todos os servizos e xestións posibles para lle facilitar a vida pública a toda a cidadanía da cidade.

O obxectivo é a transformación da actual tarxeta milenio nunha tarxeta electrónica –de nome TOU– que poida ser empregada non só para o transporte, “senón tamén para as termas, a ORA, as instalación deportivas e culturais, o uso das bicis e todas aquelas actividades nas que intervén o Concello de Ourense”.

“Non se trata de ningunha proposta extraordinariamente novidosa, pois é algo que xa existe noutras cidades do Estado”, afirmou a candidata Iolanda Pérez Docampo. O obxectivo é a transformación da actual tarxeta milenio nunha tarxeta electrónica –de nome TOU– que poida ser empregada non só para o transporte, “senón tamén para as termas, a ORA, as instalación deportivas e culturais, o uso das bicis e todas aquelas actividades nas que intervén o Concello de Ourense sexa como promotor ou como partícipe”. Segundo os membros da plataforma, coa tarxeta poderíase acceder a todas as vantaxes como monedeiro e coas mesmas bonificacións para desempregados, xubilados e mocidade.

Para a realización de trámites administrativos

A TOU empregaríana os ourensáns para entrar nas instalación municipais e naqueles actos nos que colabore o Concello, ademais de dispór dunha redución no prezo das actividades culturais e eventos deportivos. Pero, ademáis de todo iso, poderase activar para realizar calquera trámite telemático.

Coa TOU activada a persoa titular pode apuntarse a cursos, sorteos, campamentos, concursos e actividades a través da web municipal, así como formar parte dos procesos participativos municipais e, se ademais é aboado ás instalacións municipais, poder reservalas.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.