Ourense Mellor reitera o chamado á unidade da esquerda

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

Ourense Mellor reitera o chamado á unidade da esquerda

Tras as últimas novas coñecidas con respecto ás candidaturas progresistas da cidade, Ourense Mellor quere amosar a súa preocupación pola decisións tomadas e insistir, agora máis que nunca, na unidade das forzas de esquerda da cidade e non deixar o goberno de Ourense en mans das dereitas e dos populistas.

Ourense é unha cidade progresista, aínda que pola lei electoral, teña gobernado en diferentes mandatos a dereita. Debemos priorizar os intereses da xente fronte aos intereses das cúpulas dos partidos, que non das súas bases, porque se o facemos, entre todas poderemos mellorar a vida das e dos ourensáns e traballar para conseguir unha cidade máis xusta, menos precaria, máis social e con maior calidade de vida e máis oportunidades para non ter que marchar.

Neste sentido e para facer o máis participativo posible o noso proxecto de cidade, a Plataforma terá unha asamblea aberta esta xoves para debater e aprobar o regulamento das primarias e o código ético. Ourense precisa un goberno rigoroso, traballador e con capacidade de diálogo, que teña a nosa cidade como único obxectivo e que non estea ao que lle mandan desde Santiago ou Madrid.

Calquera persoa pode estar informada, decidir e colaborar asinando o manifesto: http://ourensemellor.gal/asinar-o-manifesto/

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.