Sumámonos á homenaxe que organiza a CIG ao Etelvino

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

Sumámonos á homenaxe que organiza a CIG ao Etelvino

Cando xa tiñas demostrado todo, cando xa tiñas combatido en todas as loitas posibles e levabas unha vida relativamente tranquila, decidiches dar un paso ao frente e participar cun grupo de ilusas nunha aventura  nova para cambiar o Ourense que tanto que querías e polo que tanto loitaches no eido social.

Afortunadas nós por esa inmensa xenerosidade de poder aprender, poder ilusionarnos de novo, termos unha luz e un exemplo que guiase o noso humilde proxecto político para conseguir un Ourense Mellor. A túa entrega ao ben común e a túa dignidade persoal ata o final, engrandecen á condición humana.

Queremos que saibas que non nos resignamos, que os teus esforzos non van caer en saco roto, que imos seguir loitando para conseguir o teu soño, para ver a nosa cidade convertida nun Ourense Mellor.

Hoxe queremos achegar os nosos azos á súa familia, amizades e compañeiras e compañeiros da CIG e celebrar que tivemos o privilexio de terte coñecido.

O teu exemplo será o facho que seguirá guiando o camiñar de todas.

Grazas, Etelvino. Grazas por tanto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.