Etiqueta: ourense mellor

PLATAFORMA CIDADÁ POR UN OURENSE MELLOR

Ourense Mellor comprométese en Seixalbo a reestruturar as liñas de transporte público e crear unha concellería de medio rural

A plataforma cidadá recuperou a súa axenda de campaña tras dous días de suspensión por mor do falecemento de Alexandre Sánchez Vidal. A plataforma cidadá Ourense Mellor, encabezada polo exsindicalista Etelvino Blanco, estivo na tarde de onte coa veciñanza de Seixalbo no local da súa asociación de veciños. Nun mitin cunha importante acollida por parte…
Read more

Ourense Mellor propón un “cheque cultural” para que a mocidade poida consumir cultura con liberdade

O candidato de Ourense Mellor, Millán Brea, compareceu ante os medios esta mañá no Espazo Lusquiños da Ponte para denunciar a falta de interese do Concello de Ourense pola mocidade e presentar tres das grandes propostas programáticas da plataforma cidadá nesta materia. Acompañado por outros membros da candidatura, Brea describiu a mocidade ourensá como “unha…
Read more

Ourense Mellor esixe ao alcalde a revogación da aprobación provisional do PXOU por ser “nulo de pleno dereito”

O candidato á alcaldía, Etelvino Blanco, acompañado do número tres, Xosé Manuel Pérez Bouza e do avogado ourensán, Eladio Medel; rexistraron esta mañá no Concello de Ourense unha solicitude pola cal se insta á Xunta de Goberno Local a que “revogue de inmediato o seu acordo do pasado 2 de maio, a fin de deixar…
Read more

Ourense Mellor propón a municipalización dos servizos sociais básicos como a axuda a domicilio

As técnicas de axuda a domicilio do concello de Ourense levan desde 2001 acumulando contratos precarios, pasando de concesión en concesión (Eulen, Troncoso, Valoriza…)   Os representantes de Ourense Mellor, Etelvino Blanco e Sandra Dacal,  escoitaron ao colectivo e ambas partes destacaron que a municipalización do servizo sería a solución óptima para rematar coa precariedade…
Read more

O primeiro que fará Etelvino Blanco e Ourense Mellor será anular o PXOM do Partido Popular

O Alcalde fai un alarde de autoritarismo, comportándose como un auténtico ditador, ao aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), tres semanas antes de que a veciñanza ourensá o expulse da Alcaldía. Esiximos que lle explique aos ourensáns e ás ourensás que intereses espurios se esconden detrás dun PXOM aprobado con nocturnidade e aleivosía.…
Read more

Colabora con Ourense Mellor

Unha campaña faise con persoas voluntarias, traballo arreo e ilusión, pero tamén fan falla cartos. Como non dependemos de bancos, a nosa financiación depende en boa parte das aportacións e créditos particulares. Por iso, é moi importante que cada unha aporte o que poida: tempo, ideas ou doazóns económicas. Calquera achega por pequena que sexa…
Read more

Ourense Mellor apoia as demandas da veciñanza do Couto contra a tala de árbores e en favor do mantemento do Parque do Couto

A Xunta de Galicia e o concello de Ourense, gobernados polo PP, queren convertir a zona de lecer máis importante do barrio, o Parque do Couto, nun skate-park, para o que teñen pensado talar moitas das árbores e eliminar o paseo circular de terra, impendindo así que persoas de todas as idedes e as mascotas…
Read more

Ourense Mellor e En Marea sumarán esforzos cara as municipais

Este luns pola mañá tivo lugar o acto de sinatura do protocolo de colaboración entre a Plataforma cidadá Ourense Mellor e a segunda forza política do país, En Marea. O obxectivo deste acordo de colaboración é estreitar lazos, crear espazos de traballo conxunto e compartir ideas e recursos para transformar Ourense. No acto, interviron a…
Read more

Refrendada a candidatura encabezada por Etelvino Blanco ao concello de Ourense

Durante esta fin de semana tiveron lugar as primarias da plataforma cidadá Ourense Mellor para as eleccións municipais de maio. A única candidatura presentada, encabezada por Etelvino Blanco, obtivo o 99% dos apoios. Das 313 persoas inscritas ata este domingo 31, exerceron o seu dereito ao voto o 45%, sendo todos os contabilizados votos de…
Read more

Esta fin de semana celébranse as primarias de Ourense Mellor

Queremos lembrar a todas as persoas que asináchedes o manifesto de Ourense Mellor, que esta fin de semana terán lugar as votacións dentro do proceso de primarias para escoller o primeiro tramo da candidatura para as Eleccións Municipais. O comité electoral recibiu unha soa candidatura encabezada por Etelvino Blanco Rodríguez. As votacións terán lugar no Hotel Princess (Av.…
Read more